XAN SERIE
Serieweb | 2020/2021
1 Tempada (6 capítulos)
Galicia

 
Algunha vez quedaches sen palabras?

XAN: Unha webserie que fala do asombro. Fala de flipar. Fala sobre a conxestión cerebral que provocan os hostións da realidade.
XAN é un rapaz que está tan superado polo que o rodea que non é quen de dicir nada. Por iso é máis ca unha personaxe. XAN é un estado mental:

- Ese estado mental que experimentas cando o teu xefe fai un comentario que non sabes se é un chiste ou non.

- Ese que experimentas cando ves 24 deputados de ultradereita no congreso. 

- Ou ese que experimentas cando ves a Chenoa e a Bisbal cantando “Escondidos” no reencontro de OT anos despois da súa ruptura. 




AS DEFENSAS
Longametraxe