XAN: A SERIE
unha webserie creada por Miguel Canalejo e Lucía Estévez

algunha vez quedaches sen palabras? 
Co apoio do Concello de Carballo e do Festival Carballo Interplay
* Premio a Proxecto Carballo Interplay 2019
* Finalista VI Showcase Pilotos de Ficción Serielizados Fest

Estrea: abril 2020




XAN. Unha webserie que fala do asombro. Fala de flipar. Fala sobre a conxestión cerebral que provocan os hostións da realidade. XAN é un rapaz que está tan superado polo que o rodea que non é quen de dicir nada. Por iso é máis ca unha personaxe. XAN é un estado mental. Ese estado mental que experimentas cando o teu xefe fai un comentario que non sabes se é un chiste ou non.😨 Ese que experimentas cando ves 24 deputados de ultradereita no congreso. 😰 Ou ese que experimentas cando ves a Chenoa e a Bisbal cantando “Escondidos” no reencontro de OT anos despois da súa ruptura. 💔

A realidade é flipante. E XAN está flipando todo o rato.

//